miércoles, 6 de junio de 2007

Atopouse unha BaLea alibRancA, Balaenoptera acutorostrata. Un equipo de CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños ollou un exemplar de rocual alibranco preto da illa de Ons, no Parque Nacional Illas Atlánticas. O mamífero, de lonxitude entre seis e oito metros de largo, semellaba estar en boas condicións de saúde. Foi un encontro totalmente inesperado xa que non é moi doado poder observar estes animais mariños no seu habitat natural, sendo máis común atopar arroaces e outras clases de delfins.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Caaaaaaarallo!!!

Teremos que andar á espreita cando nos metamos na i-auga este verán

Anónimo dijo...

Tes que pór ó BOI!!!!!

Bicos